21 de maio de 2020
Novas iniciativas de agricultura urbana na Coruña
Unha das consecuencias foi a aparición de novas iniciativas, concretamente no que respecta aos hortos urbanos. Neste sentido, púxose en contacto co proxecto Ru:rban unha iniciativa que pretende crear un horto comunitario que destine o 80% da súa produción a asistencia social, na que participan 15 persoas, entre elas alumnado da Escola de Capacitación Agraria. O proxecto concíbese como autoxestionado polo que están a buscar terreos particulares cuxas persoas propietarias estean dispostas a cedelos. Na Coruña xa temos unha experiencia anterior deste tipo, os Hortos de Val de Feáns, integrados no ULG-RU:RBAN, que contan xa cunha experiencia de máis de 10 anos funcionando que compartirán con esta iniciativa.
Outra iniciativa pretende incorporar a idea que xa funciona nos hortos urbanos de Crakovia (Polonia) para as/os máis pequenas/os. A intención é incorporar ao espazo común do horto unha parcela para crear unha zona con bancos, mesas e un pequeno horto para os nenos e nenas que acompañan as súas familias. Desta maneira as/os pequenos terán o seu espazo propio, que poderán xestionar, incorporándose á vida da comunidade do horto.
Pé de foto: recollendo cenorias nos hortos urbanos do Parque de Eirís
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible